활동

I trail Fragas do Eume

다운로드

트레일 사진

사진의 장소:I trail Fragas do Eume

작성자

트레일 통계

거리
28.39 km
상승 고도
1,363 m
기술적 난이도
중간
하강 고도
1,363 m
최고 고도
652 m
TrailRank 
31
최저 고도
31 m
트레일 유형
순환형
시간
3시간 50분
좌표
13831
업로드됨
2016년 6월 19일
리코딩됨
6월 2016

부근 Queijeiro, Galicia (España)

조회수 1488회, 다운로드 횟수 30회

트레일 사진

사진의 장소:I trail Fragas do Eume

일정 설명

Primeira edición deste trail neste entorno tan espectacular. O día da proba fixo sol e algo de calor pero aínda así estaba aínda moi mollado das chuvias dos días anteriores.

Saída dende Eumenatura, no concello de Monfero, a uns 400m de altura. Algo de pista, sendeiros con barro e comezamos a baixar por una pista para logo enlazar coa primeira baixada espectacular do trail. Cruzamos o rego da Vaca, atravesamos polo medio dunha construcción que seguramente fose un muíño, unha pequena baixada con corda. Nesta zona hai moita humidade e o terreo é bastante esvaradizo.

Seguimos serpenteando por un sendeiro por momentos interminable rodeado de vexetación, troncos no medio, pedras resbaladizas...pero moi corrible ata chegar ao río Eume.

Primeiro avitu antes da central do Eume (km6 aprox).

Comezamos a subir, serpenteando outra vez pola ladeira do monte. Atravesamos o rego de Teixido (a agua cubre ata a metade das pernas), pasamos pola aldea de Teixido. A partir de aquí todo é lixeiramente hacia arriba, pista en parelelo o río Eume pero a máis de 400m de altura. Dende aquí hai unhas vistas impresionantes do encoro do Eume e da presa.

Seguimos subindo rumbo Fontardión; tramo de cortalumes, tramo de pista, tramo de cortalumes...chegamos a Fontardión (xa nos límites do concello de As Pontes), punto máis elevado do trail e avitu 2. Aprox km12.5 e a unha altura de 660m.

Dende aquí ata Caaveiro todo é hacia abaixo e practicamente por pequenas pistas ou sendeiros monte a través. Case no hai vexetación que de algo de sombra.
Km20, comeza a segunda baixada espectacular do trail ata Caaveiro; rochas cubertas polo musgo que lle poñen algunha dificultade técnica.

Pasamos o mosteiro de Caaveiro e seguimos baixando ata o río Eume. Este tramo non ten moito desnivel pero continuamente andas saltando rochas, pequenos cortes no terreos, troncos no medio do sendeiro. Tramos bastante técnico, incluso con unha baixada con corda por mor da terra que esvara bastante.
Km23.5 crúzase o Eume pola ponte colgante e avitu 3 no refuxio de pescadores de antes de encarar a última subida.

Nesta subida comeza por un sendeiro estreito, rodeado de vexetación e moita humidade. Logo algún tramo de camiño máis ancho e seguimos gañando altura ata os 300 e pico m. Pequena baixada e continuamos subindo en paralelo ó regato de Estrille, cruzamos dito regato e último km ata meta por unha pista con algo de pendente que despois de tantos kms e coa calor que había fíxose dura.

Trail moi currado en canto ó seu percorrido, sen apenas asfalto nin pistas forestais, e impresionante en canto a beleza paixasística das Fragas do Eume e as vistas dende Teixido e Fontardión.

댓글  (3)

  • 사진의 장소: dieper
    dieper 2016. 7. 1.

    Qué grande esta descripción! Cada detalle reflexa exactamente o que se sinte no percorrido.

  • 사진의 장소: blas62
    blas62 2016. 8. 16.

    eu que diseñei o percorrido non podía contalo millor. grazas

  • RadicalMarc1 2016. 8. 17.

    Graciñas polos vosos comentarios. Non acostumo a escribir tanto aquí, pero quedei tan encantado co percorrido do trail que desta ocasión quixen contalo con máis detalle. Vémonos na edición 2017!

이 트레일에 대해 하거나 하실 수 있습니다